FUNCIÓNS RESERVADAS AOS FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL
Dacordo co disposto no Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, polo que se regula o Réxime xurídico dos Funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, son funcións públicas necesarias en todas as Corporacións Locais:
-
A de secretaría, comprensiva da fe pública e o asesoramento legal preceptivo.
-
O control e a fiscalización interna da xestión económico-financeira e orzamentaria, e a contabilidade, tesouraría e recadación.
A función de fe pública comprende:
-
A preparación dos asuntos que deban ser incluidos na orde do día das sesións que celebren os órganos colexiados da Corporación na que se adopten acordos que vinculen á mesma, de conformidade co establecido polo alcalde ou presidente da Corporación e a asistencia ao mesmo na realización da correspondente convocatoria, notificándoa coa debida antelación a todos os componentes do órgano colexiado.
-
Custodiar dende o momento da convocatoria a documentación íntegra dos expedientes incluidos na orde do día e tela a disposición dos membros do respectivo órgano colexiado que desexen examinala.
-
Levantar acta das sesións dos órganos colexiados referidos no apartado a e someter a aprobación ao comezo de cada sesión o da precedente. Unha vez aprobada, transcribirase no libro de actas autorizada coa sinatura do Secretario e o visto bo do Alcalde ou Presidente da Corporación.
-
Transcribir ao libro de resolucións da Presidencia as ditadas por aquela e polos membros da Corporación que resolvan por delegación da mesma.
-
Certificar de todos os actos ou resolucións da Presidencia e os acordos dos órganos colexiados decisorios, así como dos antecedentes, libros e documentos da entidade.
-
Remitir á Administración do Estado e á da Comunidade Autónoma, nos prazos e formas determinados reglamentariamente, copia ou, no seu caso, extracto dos actos e acordos dos órganos decisorios da Corporación, tanto colexiados como unipersonais.
-
Anotar nos expedientes, baixo sinatura, as resolucións e acordos que recaian.
-
Autorizar, coas garantías e responsabilidades inherentes, as actas de todas as licitacións, contratos e documentos administrativos análogos en que interveña a entidade.
-
Dispoñer que na vitrina e taboleiro de anuncios se fixen os que sexan preceptivos, certificándose o seu resultado se así fose preciso.
-
Levar e custodiar o rexistro de intereses dos membros da Corporación e o inventario de bens da entidade.
A función de asesoramiento legal preceptivo comprende:
-
A emisión de informes previos naqueles supostos en que así o ordene o Presidente da Corporación ou cando o solicite un tercio de Concelleiros ou Deputados con antelación suficiente á celebración da sesión en que deba tratarse o asunto correspondente. Tales informes deberán sinalar a lexislación en cada caso aplicable e a adecuación á mesma dos acordos en proxecto.
-
A emisión de informe previo sempre que se trate de asuntos para cuxa aprobación se esixa unha maioría especial. Nestes casos, de ter informado os demáis xefes de servizo ou dependencia ou outros asesores xurídicos, bastará consignar nota de conformidade ou disconformidade, razoando esta última, asumindo neste último caso o asinante da nota a responsabilidade do informe.
-
A emisión de informes previos sempre que un precepto legal expreso así o estableza.
-
Informar, nas sesións dos órganos colexiados a que asista e cando medie requirimento expreso de quen presida, acerca dos aspectos legais do asunto que se discuta, co obxecto de colaborar na corrección xurídica da decisión que haxa de adoptarse. Se no debate se formulou algunha cuestión sobre cuxa legalidade poida dubidarse poderá solicitar ao Presidente o uso da palabra para asesorar a Corporación .
-
Acompañar ao Presidente ou membros da Corporación nos actos de firma de escrituras e, se así o demandaren nas súas visitas a autoridades ou asistencia a reunións, para os efectos de asesoramento legal.
A función de control e fiscalización interna da xestión económico-financeira e orzamentaria comprende:
-
A fiscalización, nos termos previstos na lexislación, de todo acto, documento ou expediente que de lugar ao recoñecemento de dereitos e obrigas de contido económico ou que poidan ter repercusión financeira ou patrimonial, emitindo o correspondente informe ou formulando, se é o caso, os reparos procedentes.
-
A intervención formal da ordenación do pagamento e da súa realización material.
-
A comprobación formal da aplicación das cantidades destinadas a obras, subministracións, adquisicións e servizos.
-
A recepción, exame e censura dos xustificantes dos mandamentos expedidos a xustificar, reclamándoos ao seu vencemento.
-
A intervención dos ingresos e fiscalización de todos os actos de xestión tributaria.
-
A expedición de certificacións de descuberto contra os debedores por recursos, alcances ou descubertos.
-
O informe dos proxectos de presupostos e dos expedientes de modificación de créditos destes.
-
A emisión de informes, ditames e propostas que en materia económico-financeira ou presupostaria lle fosen solicitadas pola Presidencia, por un terzo dos Concelleiros ou Deputados ou cando se trate de materias para as que legalmente se esixa unha maioría especial, así como o ditame sobre a procedencia de novos servizos ou reforma dos existentes para os efectos da avaliación da repercusión económico-financeira das respectivas propostas. Se no debate se formulou algunha cuestión sobre cuxas repercusións presupostarias puidese dubidarse, poderán solicitar ao Presidente o uso da palabra para asesorar a Corporación.
-
A realización das comprobacións ou procedementos de auditoría interna nos organismos autónomos ou sociedades mercantís dependentes da entidade con respecto ás operacións non suxeitas a intervención previa, así como o control de carácter financeiro destes, de conformidade coas disposicións e directrices que os rexan e os acordos que ao respecto adopte a Corporación.
A función de tesouraría comprende:
-
O manexo e custodia de fondos, valores e efectos da Entidade local, de conformidade co establecido polas disposicións legais vixentes.
-
A Xefatura dos servizos de recadación.
O manexo e custodia de fondos, valores e efectos comprende:
-
A realización de cantos cobramentos e pagamentos corresponda aos fondos e valores da entidade, de conformidade co establecido polas disposicións legais vixentes.
-
A organización da custodia de fondos, valores e efectos de conformidade coas directrices sinaladas pola Presidencia.
-
Executar, conforme ás directrices marcadas pola Corporación, as consignacións en bancos, caixa xeral de depósitos e establecementos análogos, autorizando xunto co ordenador de pagamentos e o interventor os cheques e demais ordes de pagamento que se xiren contra as contas abertas nos devanditos establecementos.
-
A formación dos plans e programas de tesouraría, distribuíndo no tempo as disponibilidades monetarias da entidade para a puntual satisfacción das súas obrigas, atendendo ás prioridades legalmente establecidas, conforme ás directrices marcadas pola Corporación.
A Xefatura dos servizos recadatorios comprende:
-
O impulso e dirección dos procedementos recadatorios, propoñendo as medidas necesarias para que a cobranza se realice dentro dos prazos sinalados.
-
A autorización dos pregos de cargo de valores que se entreguen aos recadadores e axentes executivos.
-
Ditar a providencia de prema nos expedientes administrativos deste carácter e autorizar a poxa de bens embargados.
-
A tramitación dos expedientes de responsabilidade por prexuízo de valores.
A función de contabilidade comprende:
-
A coordinación das funcións ou actividades contables da entidade local, emitindo as instrucións técnicas oportunas e inspeccionando a súa aplicación.
-
A preparación e redacción da conta xeral do presuposto e da administración do patrimonio, así como a formulación da liquidación do presuposto anual.
-
O exame e informe das contas de tesouraría e de valores independentes e auxiliares do presuposto.