CÓDIGO ÉTICO PROFESIONAL DOS SECRETARIOS, INTERVENTORES E TESOUREIROS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL
APROBADO NA VI ASEMBLEA SITAL CELEBRADA EN SALAMANCA 12-14 DE MAIO 2005.
CODIGO ÉTICO
A.- PRINCIPIOS ÉTICOS FUNDAMENTAIS
-
Defensa dos valores democráticos. Os funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional desempeñarán as súas funcións sempre baixo os principios de xustiza, igualdade e non discriminación. As súas actuacións guiaranse pola promoción e a remoción de obstáculos que impidan o respecto aos dereitos humanos e liberdades cidadás coa fin de evitar discriminacións por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, lingua, cultura, opinión ou calquera outra circunstancia persoal e social.
-
Cumplimento da Legalidade. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional actuará de acordo ás leis, os regulamentos e as normas e instruccións que sexan aplicables ao cumplimento dos seus deberes e, en todo caso, permanecerá sempre fiel ao espíritu e ao texto da Constitución Española, á normativa Autonómica e Europea e aos principios de conduta do presente código ético.
-
Servixo ao interés público. Os funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional non se poden comprometer con palabras, actos ou asociacións que sexan contrarias ao interés público, desacrediten ou tendan a frustrar as decisións políticas ou administrativas adoptadas polos órganos de goberno. As súas actuacións fundamentaranse en decisións obxectivas encamiñadas a acadar a satisfacción dos intereses xerais dos cidadáns á marxe de posicións ou intereses persoais, familiares ou clientelares.
-
Xerarquía. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional cumprirá estricta, imparcial e eficazmente as obrigas propias do seu cargo e tamén as ordes de quen ostente a autoridade para dalas e que se refiran ao servizo que se lle encomendara. Se cre que as ordes recibidas fórzanno a actuar de forma ilegal, impropia ou non ética, ou que van en contra deste Código Ético ou poden orixinar unha mala administración, poderá solicitar a confirmación por escrito da orde recibida e poderá tamén comunicar, por escrito a razón da súa diverxencia.
-
Profesionalidade. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional, no exercicio das súas funcións deberá coñecer todas aquelas actividades, procedementos e disposicións legais ou regulamentarias que afecten directa ou indirectamente á súa competencia. Sen prexuizo do deber de información de interés público, actuará sempre mantendo o debido coidado, dilixencia profesional, reserva, sixilo e discreción en relación cos datos e informes coñecidos por razón do seu cargo.
-
Lealdade. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional axudará ao goberno legalmente constituido a levar a termo as súas decisións co coidado e a dilixencia profesional debida.
-
Neutralidade e Imparcialidade. En todas as súas actuacións, o funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional deberá amosar a máis estricta neutralidade e imparcialidade política. No exercicio do seu cargo non intervirá en beneficio propio, nin en menoscabo de intereses xerais ou de terceiros.
-
Adicación. O exercicio do posto de traballo de funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional será incompatible co desempeño de calquera outro cargo, profesión ou actividade que poida poñer en dúbida a imparcialidade ou independencia no exercicio das súas funcións e que poida plantexar conflito de intereses.
-
Honestidade. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional non aceptará ningún trato de favor de persoas físicas ou xurídicas por razón do seu cargo e se someterá ás mesmas condicións e exixencias que o resto dos cidadáns nos negocios xurídicos, operacións financeiras e patrimoniais que realice como suxeito privado. Así mesmo, se absterá da realización de actividades ou negocios que poidan comprometer a obxectividade da Administración na consecución dos obxectivos xerais.
-
Transparencia. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional actuará no exercicio das súas funcións ou dos servizos encomendados coa máxima transparencia, facilitando o acceso dos cidadáns á información e procedementos sen máis limitacións que aquelas impostas polas leis.
-
Economía, eficacia e eficiencia. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional prestará os seus servizos de acordo cos principios de economía, eficacia e eficiencia, velando pola consecución dos obxectivos de carácter xeral do goberno local.
-
Formación. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional actualizará permanentemente os seus coñecementos coa fin de estar ao día das novas disposicións legais, innovacións tecnolóxicas, outras melloras ou cambios que afecten positivamente ao desempeño das súas funcións.
B.- PRINCIPIOS DE ÉTICA PROFESIONAL
-
Obxectividade e Independencia. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional exercerá as súas funcións con lealdade e obxectividade de acordo cos principios de independencia, imparcialidade no consello, informe ou dictame emitido e equidade, prudencia e discreción nas decisións adoptadas, contribuíndo a evitar aquelas que poidan lesionar os intereses xerais e particulares dos cidadáns.
-
Integridade. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional actuará con integridade no desempeño das súas funcións proporcionando información veraz e contrastada. Non aceptará regalos, comisións nin outros presentes de valor económico considerable que poidan influir nas actuacións derivadas das súas funcións.
-
Excelencia e calidade. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional exercerá as súas funcións indo máis alá do cumprimento mínimo das mesmas, esforzándose en acadar a excelencia e máximo rendemento no seu traballo.
-
Corrección. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional comportarase no exercicio das súas funcións con corrección e cortesía respecto a autoridades, funcionarios e especialmente cos cidadáns. O seu comportamento, en calquera situación, responderá ao mantemento dos valores da administración á que serve.
-
Proporcionalidade. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional velará polo equilibrio entre a complexidade das decisións a adoptar e as fins perseguidas, absténdose de optar por solucións desproporcionadas, sobre todo, se restrinxen os dereitos dos cidadáns.
-
Innovación, Iniciativa, creatividade. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional tomará a iniciativa e manterá unha actitude positiva e creativa ante as innovacións tecnolóxicas que faciliten o exercicio da súa actividade profesional co obxectivo último de simplificar e achegar as relacións entre cidadáns e a administración.
-
Orientación ao cidadán. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional orientará as súas funcións e prestará os seus servizos baseándose no servizo aos cidadáns, fomentando o traballo en equipo e a transversalidade dos distintos servizos, co obxectivo de que as relacións dos cidadáns coa administración sexan o máis claras, concisas e sinxelas posibles, de xeito que se potencie a súa fidelidade e confianza na mesma.
-
Información. O funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional non proporcionará información errónea ou falsa no exercicio do seu cargo. Tampouco poderá utilizar a información coñecida en razón das súas funcións públicas nin en beneficio propio, nin para a intermediación con terceiras persoas físicas ou xurídicas e garantirá o acceso á información dos cidadáns sobre os servizos encomendados coas únicas limitacións establecidas nas normas legais.
DISPOSICIÓN FINAL
A Organización Colexial velará polo cumprimento destes principios éticos.