Quen somos
COSITAL Pontevedra é unha corporación de dereito público constituida ao abeiro da lei, con estrutura interna e funcionamento democráticos, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins. Para isto agrupa ás persoas que integran a escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional, sempre que exerzan ou teñan exercido na provincia de Pontevedra, as funcións reservadas legal ou regulamentariamente aos habilitados nacionais.
Entre as súas competencias (artigo 7 Estatutos Cosital Pontevedra), e sempre dentro do seu ámbito territorial, destacan:
-
Velar polo exacto cumprimento dos deberes profesionais dos colexiados, así como pola súa ética e dignidade profesional.
-
Tutelar e defender os dereitos e intereses que afectan á escala e subescalas pertencentes a elas.
-
Apoiar ás Administracións públicas competentes para que o exercicio da profesión o efectúen as persoas colexiadas conforme á normativa aplicable e o código ético existente para ela.
-
Manter e mellorar a unión e boa relación entre colexiados.
-
Estimular e facilitar o perfeccionamento profesional dos colexiados.
-
Fomentar o desenvolvemento profesional dos secretarios, interventores e tesoureiros a través do mantemento do diálogo e a negociación cos poderes públicos.
-
Divulgar as disposicións legais e as instrucións e ordes das autoridades para o mellor coñecemento e cumprimento polos colexiados.
-
Asesorar ás autoridades e corporacións nas cuestións relacionadas coa escala e subescalas, emitindo informes, ditames e contestacións ás consultas que sexan formuladas.