Actividade colexial
Neste apartado tentaremos mantervos ao día daquelas actuacións que se realicen polo presidente e demáis membros da Xunta de goberno, en representación do Colexio e que poidan resultar do voso interese.
Decembro 2017.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Acordo de interposición de recurso de reposición contra as bases de interino de Secretario- Interventor da Entidade Local Menor de Bembrive.
-
Celebración da cea de Nadal de Cosital Pontevedra.
-
Colaboración coa Xunta de Galicia para facilitar datos autorizados polos colexiados para o emprego da plataforma notifica.
Novembro 2017.
-
Celebración de reunión da Xunta de Representantes Autonómicos do Consello Xeral o día 17 de novembro de 2017.
-
Celebración de reunión da Comisión Executiva do Consello Xeral o día 18 de novembro de 2017.
-
Celebración do IV Curso de Actualidade Xurídica de Réxime Local. Principais novidades en materia de réxime xurídico do Sector Público, Dereito Urbanístico e responsabilidades penais (27,28 e 29 de novembro de 2017).
Outubro 2017.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Emisión dun informe xurídico solicitado por D. Ángel Manuel Rodal Almuiña, presidente da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán) en relación a reserva das funcións de tesourería en favor dos habilitados nacionais.
-
Formulación de alegacións de Cosital Pontevedra en relación a Ordes e convocatorias de subvencións da Xunta de Galicia que requiren documentos aos habilitados nacionais que se estiman non adecuados, de acordo cos criterios expostos na reunión celebrada o día 18 de setembro de 2017, entre a Vicepresidencia da Xunta de Galicia e os Secretarios Xerais das distintas Consellerías, e os colexios de habilitados de Galicia.
-
Designación dun habilitado nacional como perito en proceso penal a solicitude do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo.
Septembro 2017.
-
Celebración de reunión co Vicepresidente da Xunta de Galicia, a Directora Xeral de Administración Local e os Secretarios Xerais das distintas Consellerías para formular alegacións fronte a ordes concretas de subvencións que esixen documentos aos habilitados nacionais que non proceden (18 de setembro de 2017).
-
Apertura dun período (do 19 ao 30 de setembro) para que os colexiados indique cales son as Ordes de convocatoria da Xunta de Galicia que requiren documentos aos habilitados nacionais que son ilegais ou non adecuados.
-
Sinatura do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e Cosital Pontevedra por importe de 4.378,32 euros.
-
Xustificación de gastos e rendición de contas para percibir o importe subvencionado con cargo o Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia e Cosital Pontevedra.
-
Formulación de alegacións de Cosital Pontevedra ao proxecto de decreto sobre os libros de actas e resolucións das entidades locais.
-
Formulación de alegacións e emendas de Cosital Pontevedra ao proxecto de Orde para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional.
-
Organización do IV Curso de Actualización xurídica de réxime local. Principais novidades en materia de réxime xurídico do sector público, Dereito urbanístico e responsabilidades penais (27, 28 e 29 de novembro de 2017).
-
Celebración de reunión da Comisión Executiva do Consello Xeral o día 24 de setembro de 2017.
Agosto 2017.
-
Subscrición do novo contrato de seguro de responsabilidade civil profesional do colexio. A data 31 de decembro de 2016 o número de colexiados que se benefician da póliza ascende a 59.
-
Subscrición do novo contrato de seguro de defensa xurídica do colexio. A data 31 de decembro de 2016 o número de colexiados que se benefician da póliza ascende a 19.
Xullo 2017.
-
Celebración de reunión co Vicepresidente da Xunta de Galicia e a Directora Xeral de Administración Local para tratar a execución de procesos descentralizados, os certificados e outros documentos que se esixen aos habilitados nacionais para que lle outorguen subvencións ás entidades locais, o Decreto autonómico sobre libros de actas e decretos electrónicos e a tramitación electrónica das situacións dos habilitados nacionais.
-
Comida en Lagar de Pintos.
Xuño 2017.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra
-
Celebración da sesión extraordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Interposición de recurso contencios-administrativo contra o acordo de data 25 de abril de 2017, do Pleno do Concello de Valga polo que se aproba definitivamente o Orzamento Xeral para o exercicio 2017 e a plantilla de persoal.
-
Celebración de reunión da Xunta de Representantes Autonómicos do Consello Xeral o día 16 de xuño de 2017.
-
Celebración de reunión da Comisión Executiva do Consello Xeral o día 17 de xuño de 2017.
-
Negociacións para a creación de diversas tesourarías na provincia de Pontevedra.
-
Remisión de informe solicitado polo Xulgado de 1A instancia e instrución número 1 de Caldas de Reis.
Maio 2017.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Decisión de interpoñer recurso contencioso-administrativo contra a aprobación definitiva do orzamento e cadro de persoal para o exercicio 2017 do Concello de Valga.
-
Emisión de informe por dous habilitados nacionais en relación a proceso penal tramitado polo Xulgado 1A Instancia e Instrucción número 1 de Caldas de Reis.
-
Formulación de alegacións contra a aprobación inicial da relación de postos de traballo do Concello de Tomiño, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o día 4 de maio de 2017, solicitando a reserva do posto de tesoureiro a habilitados nacionais.
-
Sinatura de convenio de colaboración coa EGAP para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.
-
Nomeamento de interventor nun proceso penal solicitado polo Xulgado de Instrución número 3 de Vigo.
-
Xestión de vacantes na provincia de Pontevedra.
-
Formulación de comunicado en apoio de colexiada.
Abril 2017.
-
Elaboración de bases para a creación dunha lista de reserva para a provisión interina do posto de secretario de terceira do Concello de Mondariz.
-
Elaboración do temario para a creación dunha lista para a provisión interina de postos de secretario de clase segunda e primeira.
-
Designación de dous habilitados nacionais para a emisión dun informe sobre un tema penal por parte do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución.
-
Xestión de vacantes na provincia de Pontevedra.
Marzo 2017.
-
Reunión cos novos secretarios-interventores facilitando listado de posibles vacantes na provincia.
Designación de dous habilitados nacionais como peritos en proceso penal tramitado polo Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra.
-
Celebración de reunión da Comisión Executiva do Consello Xeral o día 24 de marzo de 2017.
-
Celebración da Asemblea Xeral da Asemblea do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local o día 25 de marzo de 2016.Interposición de reclamación administrativa contra a aprobación inicial do orzamento e cadro de persoal para o exercicio 2017 do Concello de Valga.Presentación de alegacións ao borrador de Decreto de habilitados nacionais de Galicia de Cosital Pontevedra.
Febreiro 2017.
-
Celebración de reunión da Xunta de Representantes Autonómicos do Consello Xeral o día 17 de febreiro de 2017.
-
Celebración de reunión da Comisión Executiva do Consello Xeral o día 18 de febreiro de 2017.
-
Interposición de demanda de execución provisional da sentenza estimatoria contra a supresión do posto de traballo de secretario-interventor da entidade local menor de Bembrive.
-
Xestión de vacantes de habilitados nacionais na provincia de Pontevedra e contacto cos novos habilitados nacionais para facilitar a súa ocupación.
-
Elaboración de borrador de bases de interino para os postos de interventor e tesoureiro do Concello de A Guarda e para o posto de interventor de Ponteareas.
Xaneiro 2017
-
Elaboración das contas anuais correspondentes ao ano 2016, que están formadas pola memoria, balance e conta de resultados.
-
Elaboración da memoria anual Cosital Pontevedra correspondente ao ano 2016.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Reunión coa Directora Xeral de Administración Local o día 16 de xaneiro de 2017.
-
Reunión co Vicepresidente da Xunta de Galicia, a Directora Xeral de Administración Local, a Subdirectora Xeral de Administración Local e os colexios de habilitados de Galicia o día 30 de xaneiro de 2017.
-
Nomeamento dos delegados territoriais de Cosital Pontevedra na Asemblea Xeral do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local.
-
Pagamento e extinción das débedas de Cosital Pontevedra co Consello Xeral.
Decembro 2016
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Presentación de recurso de reposición contra as bases de interino de Secretario do Concello de Valga.
-
Solicitude á Xunta de Galicia de clasificación dos postos de habilitados nacionais da Área Metropolitana de Vigo.
-
Reunión coa nova Directora Xeral de Administración Local.
-
Solicitude de reunión a Dirección Xeral de Administración Local para tratar diversos temas de intereses para os habilitados nacionais.
-
Celebración da cea de Nadal de Cosital Pontevedra.
-
Acordo de celebración dun contrato dos servizos de asistencia administrativa, económica e técnica.
-
Negociacións co Consello de Contas para conseguir que asuma e desenvolva a súa función consultiva en materia económico-financeira.
Novembro 2016.
-
Negociacións co Concello de Gondomar para a creación de tesourería.
-
Apertura dun período de información pública sobre Protocolo de actuación de Cosital Pontevedra para a intervención, en sede administrativa e, especialmente xudicial, ante actos ou omisións que perxudiquen gravemente os intereses profesionais
Outubro 2016.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra
-
Emisión dun informe xurídico solicitado por unha colexiada sobre a súa actuación que motivou a súa imputación, para incorporalo a un proceso penal.
-
Prestación de colaboración á Cosital Ourense e o Concello de Xinzo de Limia propoñendo un titular e suplente para os procesos selectivos de un letrado e administrativo dese Concello.
-
Elaboración dun protocolo de actuación de Cosital Pontevedra para a intervención, en sede administrativa e, especialmente xudicial ante actos ou omisións que perxudiquen gravemente os intereses profesionais.
Setembro 2016.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Celebración da sesión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Xeral o día 24 de setembro de 2016.
-
Sinatura do Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia e Cosital Pontevedra por importe de 3.900 euros.
Agosto 2016.
-
Subscrición do novo contrato de seguro de responsabilidade civil profesional do colexio.
-
Subscrición do novo contrato de seguro de defensa xurídica do Colexio.
Xullo 2016.
-
Celebración de sesión da Xunta de Representantes Autonómicos do Consello Xeral o día 8 de xullo de 2016.
-
Celebración das eleccións á Comisión Executiva e a Presidencia do Consello Xeral o día 9 de xullo de 2016, elixíndose nova Comisión Executiva e celebración da sesión constitutiva e organizativa da nova Comisión Executiva.
-
Presidencia.Negociacións para a creación de diversas tesourarías na provincia de Pontevedra.
-
Comida en Lagar de Pintos.
Xuño 2016.
-
Celebración da sesión electoral da Asemblea Xeral e elección da nova Xunta de Goberno e de Presidente de Cosital Pontevedra.
-
Celebración da sesión extraordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Nomeamento dos delegados territoriais de Cosital Pontevedra na Asemblea Xeral do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local.
-
Nomeamento dos cargos con responsabilidade en Cosital Pontevedra: Vicepresidente, Secretario, Secretario Suplente, Interventor, Interventor suplente, Tesoureiro e Tesoureiro suplente.
-
Adhesión dun membro de Cosital Pontevedra a única candidatura que se presenta ás eleccións á Comisión Executiva e Presidencia do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de España.
-
Negociacións para a creación de diversas tesourarías na provincia de Pontevedra.
Maio 2016.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Interposición de recurso contencioso-administrativo pola supresión do posto de secretario-interventor da Entidade Local Menor de Bembrive.
-
Celebración da sesión extraordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra para convocar sesión electoral da Asemblea Xeral.
-
Celebración da sesión extraordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra para definitiva do censo electoral e designación dos membros da mesa de idade.
-
Aceptación polo Concello de Pontevedra da cesión de uso da sede de Cosital Pontevedra.
Abril 2016.
-
Formulación de denuncia á Xunta de Galicia por supresión do posto de secretario-interventor da Entidade Local Menor de Bembrive.
-
Reunión coa Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia en relación á situación das explotacións gandeiras existentes nos núcleos rurais e ás súas posibilidades de ampliación coa nova disposición transitoria 11 da Lei 2/2016, de solo de Galicia.
Marzo 2016.
-
Formulación de reclamacións e alegacións a modificación da relación de postos de traballo da Entidade Local Menor de Bembrive por supresión do posto de secretario-interventor como reservado a habilitados nacionais.
-
Celebración da Asemblea Xeral da Asemblea do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local o día 12 de marzo de 2016.
-
Pagamento por Cosital Pontevedra das cotas ao Consello Xeral correspondente ao ano 2016 e da 1 fase do período anterior a 2001.
Febreiro 2016.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Celebración da sesión ordinaria da Asemblea Xeral de Cosital Pontevedra.
-
Celebración de reunión da Xunta de Representantes Autonómicos do Consello Xeral o día 5 de febreiro de 2016.
Xaneiro 2016.
-
Elaboración das contas anuais correspondentes ao ano 2015, que están formadas pola memoria, balance e conta de resultados.
-
Elaboración da memoria anual Cosital Pontevedra correspondente ao ano 2015.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Reunión coa Alcaldesa de Tomiño para a creación do posto de tesourería.
-
Nomeamento dos delegados territoriais de Cosital Pontevedra na Asemblea Xeral do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local.
Decembro 2015.
-
Celebración de sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Celebración da reunión da Xunta de Representantes Autonómicos o día 11 de decembro de 2015.
-
Celebración da cea de Nadal de Cosital Pontevedra.
-
Negociacións co Concello de Pontevedra para a cesión do uso da sede de Cosital Pontevedra.
Novembro 2015.
-
Negociacións con diversos Concellos para a creación de diversas tesourarías na provincia de Pontevedra.
-
Alegacións e colaboración co Consello Xeral para a inclusión das tesourerías dos Concellos de clase primeira no concurso unitario.
Outubro 2015.
-
Negociacións con diversos Concellos para a creación de diversas tesourarías na provincia de Pontevedra.
-
Xustificación do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra.
-
Xornada sobre o Cálculo do Custe Efectivo das empresas de servizos públicos municipais (28 de outubro).
Setembro 2015.
-
Celebración de sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Reunión de Cosital Pontevedra coa Deputación de Pontevedra para fortalecer a asistencia xurídica aos concellos da provincia.
-
Presentación das alegacións ao Consello de Contas de Galicia en relación á instrución que regula a remisión telemática de información sobre acordos e resolucións das entidades locais contrarios a reparos formulados por interventores locais e anomalías detectadas en materia de ingresos, así como sobre acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa.
-
Reunión dos catro colexios territoriais de Galicia coa Xunta de Galicia o día 24 de setembro de 2015 para tratar as seguintes cuestións: necesidade de aprobar o Decreto de habilitados de Galicia, os expedientes disciplinarios de habilitados nacionais, certificacións e informes solicitados aos habilitados pola Comunidade Autónoma nas distintas ordes de subvencións, nomeamentos de interinos, alegacións presentadas pola Comunidade Autónoma de Galicia ao Borrador do Real Decreto estatal, situación actual das tesourerías ante a modificación da normativa e postura a adoptar pola Comunidade Autónoma, publicidade das comisións de servizo, celebración de procesos selectivos de promoción interna en Galicia e os habilitados nos procesos de selección nos tribunais de policías locais.
-
Celebración de sesión extraordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Sinatura do Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local de Pontevedra
-
Presentación á Xunta de Galicia do borrador de Instrución da Dirección Xeral de Administración Local pola que se ditan instrucións sobre documentación esixibole ás entidades locais nas convocatorias de subvencións aprobadas pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Negociacións con diversos concellos para a creación de diversas tesourerías na provincia de Pontevedra.
-
Celebración da reunión da Xunta de Representantes Autonómicos o día 25 de setembro de 2015.
-
Pagamento por Cosital Pontevedra das cotas ao Consello Xeral do ano 2015.
Agosto 2015.
-
Negociacións con diversos Concellos para a creación de diversas tesourarías na provincia de Pontevedra.
-
Reunión coa Presidenta da Deputación e proposta de creación dun Centro de de carácter xurídico e outro tecnolóxico de apoio aos concellos.
-
Apertura dun período para formular propostas de solucións en relación a cumplimentación práctica da nova plataforma que esixe á instrución que regula a remisión telemática de información sobre acordos e resolucións das entidades locais contrarios a reparos formulados por interventores locais e anomalías detectadas en materia de ingresos, así como sobre acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa (do 5 de agosto ao 5 de setembro de 2015).
Xullo 2015
-
Celebración de sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Negociacións con diversos Concellos para a creación de diversas tesourarias na provincia de Pontevedra .
-
Renovación do seguro de responsabilidade civil profesional do colexio.
-
Comida en Lagar de Pintos.
Xuño 2015.
-
Celebración de sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Reclamación á Xunta de Galicia da creación de 10 postos de tesourarías na provincia de Pontevedra.
-
Solicitude ao Consello Xeral de que reclame ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas un uso máis proporcional e adecuado das suspensións provisionais de funcións, e colaboración activa co Consello Xeral.
-
Solicitude de sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para financiar gastos de Cosital Pontevedra.
-
Xestións en torno ao destino da sede do colexio.
Maio 2015.
-
Celebración de reunión da Xunta de Representantes Autonómicos do Consello Xeral o día 8 de maio de 2015.
-
Presentación das alegacións ao anteproxecto de Decreto polo que se aproba o Regulamento único para a regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos (RIAE).
-
II Xornadas Hispano-lusas de contratación pública.
Abril 2015.
-
Apertura dun período de alegacións sobre o Proxecto de Real Decreto, polo que se regula o réxime xurídico de control interno das entidades do sector público local
-
Apertura dun período de alegacións sobre o anteproxecto de Decreto polo que se aproba o Regulamento único para a regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos (RIAE) (do 9 ao 24 de abril de 2015).
-
Presentación de alegacións e emendas sobre o Proxecto de Real Decreto, polo que se regula o réxime xurídico de control interno das entidades do sector público local (do 1 ao 9 de abril de 2015).
-
Apertura dun período de alegacións sobre o anteproxecto da Lei de contratos do sector público (do 15 ao 24 de abril de 2015).
-
Presentación de alegacións e emendas sobre o proxecto de Real decreto, poloq ue se regula o réxime xurídico de control interno das entidades do sector público local.
-
Presentación de alegacións e emendas sobre o anteproxecto da Lei de contratos do sector público.
-
Celebración de reunión da Xunta de Representantes Autonómicos do Consello Xeral o día 17 de abril de 2015.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Presentación de solicitude á Fiscalía Provincial de Pontevedra para a sinatura dun convenio ou protocolo.
-
Celebración de dúas sesións extraordinarias da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
Marzo 2015.
-
Celebración de sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Celebración da Asemblea Xeral do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local o día 14 de marzo de 2015.
-
Pagamento por Cosital Pontevedra das cotas ao Consello Xeral correspondente aos anos 2005-2011.
Febreiro 2015.
-
Formulación de alegacións e emendas ao borrador de Real Decreto polo que se regula o réxime xurídico dos habilitados nacionais.
-
Solicitude de reunión urxente co Director Xeral de Administración Local e alegacións en relación as certificacións, actas e documentos análogos que solicita a Xunta de Galicia aos habilitados nacionais na documentación que require ás entidades locales para a obtención de subvencións e outras actuacións.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Celebración dunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Nomeamento dos delegados territoriais de Cosital Pontevedra na Asemblea Xeral do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local.
-
Celebración de reunión da Xunta de Representantes Autónomicos do Consello Xeral o día 13 de febreiro de 2015.
-
Reunión co Director Xeral de Administración Local o día 12 de febreiro de 2015 para tratar as alegacións de Cosital Pontevedra ao borrador de Real decreto sobre habilitados nacionais, as alegacións de certificados e outros documentos que require á Xunta de Galicia aos habilitados nacionais, os méritos autonómicos e as bases do concurso ordinario.
Xaneiro 2015
-
Elaboración das contas anuais correspondentes ao ano 2014, que estan formadas pola memoria, balance e conta de resultados.
-
Elaboración da memoria anual Cosital Pontevedra correspondente ao ano 2014.
-
Información pública sobre o borrador de Real Decreto polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional 8do 20 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2015).
Decembro 2014.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Sinatura do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e Cosital pontevedra.
-
Xustificación do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e Cosital pontevedra.
-
Pagamento por Cosital Pontevedra das cotas ao Consello Xeral do ano 2014.
-
Cooperación de Cosital Pontevedra coa Fiscalía de Pontevedra.
Novembro 2014.
-
Solicitude de Cosital Pontevedra de sinatura dun convenio coa Dirección Xeral de Administración Local.
-
Celebración do Congreso Cosital. X Asemblea en Madrid (20,21 e 22 de novembro de 2014).
Outubro 2014.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Reunión de Cosital Pontevedra co Director Xeral de Administración Local sobre criterio de reparto da subvención que pretende outorgar a Xunta de Galicia aos colexios de habilitados de Galicia.
Setembro 2014.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Reunión dos catro colexios territoriais de Galicia para tratar o criterio de reparto dos 15.000,00 euros de subvención que pretende outorgar a Dirección Xeral de Administración Local.
-
Non posta de acordo dos catro colexios territoriais de habilitados de Galicia sobe o criterioo de reparto da subvenión que lle pretende outorgar a Xunta de Galicia.
-
"As novas instruccións de contabilidade local" (8 a 11 de setembro de 2014).
Xullo 2014.
-
Renovación da póliza de seguro de responsabilidade civil para cobertura dos colexiados que o desexen.
-
Seminario de Contratación Pública (10 e 11 de xullo de 2014).
-
Reunión dos os catro colexios territoriais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Galicia para tratar os seguintes temas: nomeamentos accidentais en caso de vacante ou negativa do habilitado e emitir informe de idoneidade, análise dos aspectos que debe reflectir o réxime autónomico de desenvolvemento do réxime de habilitados nacionais de Galicia e análise do posible convenio da Dirección Xeral de Administración Local cos catro colexios de habilitados de Galicia en torno a cal debería ser o criterio de reparto entre os colexios.
-
Presentación dos catro colexios de habilitados de Galicia ante a Dirección Xeral de Administración local de Galicia de proposta relativa aos nomeamentos accidentais en caso de vacante ou negativa do habilitado a emitir informe de idoneidade.
-
Postura común dos catro colexios de habilitados de Galicia sobre algún dos aspectos que debe reflectir o réxime autonómico de desenvolvemento do réxime de habilitados nacionais de Galicia.
-
Celebración de reunión da xunta de Representantes Autónomicos do Consello Xeral de Cosital en Madrid.
Xuño 2014.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Reunión dos catro colexios territoriais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Galicia co Vicepresidente e Consellerio de Presidencia, Administracións Públicas e xustiza e o Director Xeral de Administración Local para tratar os seguintes temas: desenvolvemento pola Xunta de Galicia sobre o réxime de habilitados, convenio entre a Dirección Xeral de Administración Local e os catro colexios de habilitados de Galicia para financiar actividades, analizar expedientes disciplinarios de habilitados nacionais en Galicia, posibilidade de que sexan os Servizos de Asistencia a municipios das Deputacións Provinciais os que emitan os informes de capacitación e sobre a existencia de informes dos diferentes habilitados en supostos en que son preceptivos e dos que non se pode concluír se son favorables ou desfavorables.
-
Concesión do Concello de Vigo a Cosital pontevedra dunha subvención para a organización do Seminario de Contratación Pública.
-
Observacións de Cosital Pontevedra á Nota do Consello de Contas sobre a previsión de desenvolvemento dunha aplicación web para o intercambio de información por parte das entidades integrantes da Amdinistración Local galega.
-
Reunión de Cosital pontevedra e outras entidades co Consello de Contas.
Maio 2014.
-
Asemblea Xeral ordinaria de Cosital Pontevedra (12 de maio de 2014).
-
Posta en marcha e presentación da páxina web de Cosital pontevedra.
-
Elaboración para a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas dun documento sobre as afeccións da normativa sectorial sobre a tramitación do planeamento urbanístico.
-
"III Curso de actualidade xurídica de réxime local. A reforma dos Gobernos e Administracións Locais" desde o 28 de abril ata o 27 de maio de 2014.
-
Continuación das conversas dos colexios de habilitados de Galicia coa Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia en torno a recoller na Lei de adaptación en Galicia da Lei 27/2013, unha disposición adicional que concrete o réxime de habilitados en Galicia en materia disciplinaria e se permita a Xunta de Galicia efectuar nomeamentos provisionais aos habilitados en Galicia sen cumprir o requisito dos dous anos de permanencia no destino obtido por concurso. Finalmente contemplasen estas cuestións na disposición adicional sexta da Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, que se publica no Diario Oficial de Galicia o día 30 de maio de 2014.
Abril 2014.
-
Sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Cosital Pontevedra para a organización de dous cursos.
-
"III Curso de actualidade xurídica de réxime local. A reforma dos Gobernos e Administracións Locais" desde o 28 de abril ata o 27 de maio de 2014.
-
Aclaración do réxime de nomeamentos de accidentais, tras conversas cos colexios, mediante a Circular da Xunta de Galicia sobre desempeño de prazas de habilitados por accidentais.
-
Mantemento de conversas dos colexios de habilitados de Galicia coa Dirección Xeral de Administración local da Xunta de Galicia en torno a recoller na Lei de adaptación en Galicia da Lei 27/2013, unha disposición adicional que concrete o réxime de habilitados en Galicia en materia disciplinaria e se permita a Xunta de Galicia efectuar nomeamentos provisionais aos habilitados en Galicia sen cumprir o requisito dos dous anos de permanencia no destino obtido por concurso.
Marzo 2014.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Celebración dunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Elaboración da memoria anual Cosital Pontevedra correspondente ao ano 2013.
-
Reunión dos catro colexios territoriais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Galicia coa Dirección Xeral de Administración Local para tratar, entre outros temas, os nomeamentos provisionais tras a a Lei 27/2013, a intención da Xunta de Galicia de desenvolver a nivel autonómico a normativa de habilitados nacionais, o control previo das bases dos concursos ordinarios e o reparto da subvención de 15.000,00 euros da Xunta de Galicia aos colexios de habilitados nacionais.
-
Presentación ante a Xunta de Galicia dun informe sobe os nomeamentos provisionais tras a Lei 27/2013.
-
Reunión dos catro colexios territoriais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Galicia co Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Director Xeral de Administración Local para tratar os nomeamentos provisionais tras a resolución do concurso ordinario e os nomeamentos accidentais.
-
Presentación por Cosital Pontevedra en nome dos 4 colexios de habilitados nacionais de Galicia ante a Comisión non permanente de estudo para a elaboración dunha proposta normativa para unha nova lei do solo de Galicia do "Documento definitivo coas alegacións e suxestións dos Colexios Territoriais de Galicia de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración local sobre a nova Lei do solo".
-
Formulación de alegacións de Cosital Pontevedra sobre proposta de modificación da Circular Interpretativa sobre o desempeño de prazas de habilitados por accidentais.
-
Formulación de emendas de Cosital Pontevedra ao borrador de Regulamento polo que se desenvolve o réxime xurídico da escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional e se crean os ficheiros de datos de carácter persoal denominados de "méritos de determinación estatal" e de "base de datos de sancións disciplinarias" de dita escala funcionarial.
-
Celebración de reunión da Xunta de Representantes Autónomicos do Consello Xeral de Cosital en Sevilla.
-
Celebración da Asemblea do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local.
Febreiro 2014.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
-
Aprobación pola Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra da proposta relativa a introducción dun sistema de control previo nos procedementos de provisión de postos de traballo mediante concurso ordinario.
-
Presentación ante a Xunta de Galicia dos 4 colexios de habilitados nacionais de Galicia dunha proposta relativa a introducción dun sistema de control previo nos procedementos de provisión de postos de traballo mediante concurso ordinario.
-
Comparencia do Presidente de Cosital Pontevedra na Comisión permanente de estudo para a elaboración dunha proposta normativa para unha nova lei do solo de Galicia en relación a formulación en nome dos 4 colexios territoriais de habilitados nacionais de Galicia de alegacións sobre a nova Lei do solo.
-
Presentación por Cosital Pontevedra ante a Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Administración Local) de alegacións sobre a Circular Interpretativa sobre o desempeño de prazas de habilitados nacionais por accidentais.
-
Formulación por Cosital Pontevedra co acordo dos outros colexios de habilitados nacionais de Galicia das accións a realizar en relación a diferentes publicacións aparecidas en diferentes medios de comunicación.
-
Petición de subvención ao Concello de Vigo para organizar o "Seminario de Contratación Pública" en Vigo.
Xaneiro 2014.
-
Elaboración das contas anuais correspondentes ao ano 2013, que estan formadas pola memoria, balance e conta de resultados.
-
Renovación do convenio de colaboración entre Cosital Pontevedra e a EGAP.
-
Nomeamento dos delegados territoriais de Cosital Pontevedra na Asemblea Xeral do Consello Xeral deColexios Oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local.
-
Celebración da sesión ordinaria da Xunta de Goberno de Cosital Pontevedra.
Decembro 2013.
-
Reunión co novo Director xeral de administración local para presentación e comunicación de temas en curso entre a Dirección xeral de administración local e máis COSITAL Pontevedra..
Novembro 2013.
-
"Xornadas sobre a incidencia da nova lexislación de costas e ordenación do litoral" os días 7 e 8 de novembro de 2013.
Outubro 2013.
-
Reunión o 21 de outubro de 2013 dos colexios territoriais de secretarios, interventores e tesoureiros co director xeral de administración local. Temas tratados: consello autonómico, acumulacións, tesourarías, nomeamentos accidentais e consolidación de grao.
Setembro 2013.
-
"II Curso de actualidade de réxime local. A contratación pública local", os días 16 a 19 de setembro de 2013.
Agosto 2013.
-
Sinatura do convenio entre COSITAL Pontevedra e a Deputación de Pontevedra para a realización do "II curso de actualidade de réxime local. A contratacion pública local".
Xullo 2013.
-
Subscripción de nova póliza de seguro de responsabilidade civil para os colexiados que o soliciten.
-
Presentación ante a Xunta de Galicia de alegacións e suxestións ao anteproxecto de Lei de emprego público de Galicia.
Xuño 2013.
-
Reunión dos colexios territorias de secretarios, interventores e tesoureiros coa Direccion xeral de administración local e a Dirección xeral de función pública en relación ao proxecto de Lei de emprego público de Galicia.
Abril 2013.
-
Asemblea xeral ordinaria de COSITAL Pontevedra o día 3 de abril de 2013.
Marzo 2013.
-
Reunión dos colexios territoriais coa Dirección xeral de administración local para presentación das propostas de modificacion da Sección 3ª do capítulo II do RD 49/2009 no tocante á constitución e disolución de agrupacións para o sostemento de postos reservados, sobre as liñas para un novo réxime disciplinario dos FNH no ámbito de Galicia, e máis a relativa ao mantemento dos dereitos dos habilitados nacionais en caso de extinción de Entidades Locais..
"Xornadas sobre a problemática actual do urbanismo de Galicia" celebradas o 14 e 15 de marzo de 2013.
Febreiro 2013.
-
Aprobación da Xunta de goberno de tres propostas:
-
a. Modificación da Sección 3ª do capítulo II do RD 49/2009 no tocante á constitución e disolución de agrupacións para o sostemento de postos reservados
-
b. Liñas para un novo réxime disciplinario dos FHN no ámbito de Galicia
-
c. Mantemento dos dereitos dos habilitados nacionais en caso de extinción de entidades locais.
Xaneiro 2013.
-
Sinatura dun convenio entre COSITAL Pontevedra e máis a Escola Galega de Administración Pública.
Novembro 2012
-
Reunión dos catro colexios provinciais de Galicia para tratar a actuación conxunta en materia de presentación ante a Xunta da proposta de COSITAL Pontevedra sobre réxime disciplinario e agrupacións forzosas. Decídese dar os primeiros pasos para crear o Consello autonómico de Galicia.
-
Publicación dos estatutos de COSITAL Pontevedra no DOG (número 223, de data 22/11/2012).
Outubro 2012
-
"I curso de actualidade de réxime local. A Lei orgánica de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. A súa aplicación ás entidades locais", durante os días 29 a 31 de outubro.
Setembro 2012
-
Sinatura dun convenio de colaboración entre COSITAL Pontevedra e a Escola galega de administración pública O seu obxectivo principal é a colaboración en cuestións formativas referentes a habilitados estatais e máis acadar a homologación daquelas actividades de formación organizadas polo noso colexio (título oficial e, se é o caso, baremación en función das concretas características da actividade, xa sexa por méritos autonómicos e/ou estatais).
-
Sinatura dun convenio de colaboración entre COSITAL Pontevedra e máis a Deputación de Pontevedra para o financiamento da actividade formativa "I curso de actualidade de réxime local. A Lei orgánica de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. A súa aplicación ás entidades locais".
-
Mesa redonda: "As Administracións Públicas ante a reforma laboral e as medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e fomento da competitividade."
-
Asemblea xeral de COSITAL Pontevedra, para a aprobación definitiva dos Estatutos da organización
Xullo 2012
-
Sinatura da póliza de seguro de responsabilidade civil para cobertura dos colexiados que o desexen.
Xuño 2012.
-
Mesa redonda "Situación das licenzas de actividade e obra tras o Real Decreto-Lei 19/2012, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos: especial referencia aos aspectos xurídicos e tributarios".
-
"Xornada sobre a aplicación da Lei orgánica 2/2012, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira ás entidades locais", a cargo de Antonio López Díaz.
-
Asemblea xeral de COSITAL Pontevedra, coa aprobación inicial dos Estatutos da organización e da proposta a elevar á Xunta sobre réxime disciplinario.