07-05-2014

Inauguramos a nova imaxe de COSITAL Pontevedra


COSITAL Pontevedra inaugura unha nova etapa de relación cos seus colexiados e cidadáns en xeral, apostando pola proximidade, a transparencia e as novas tecnoloxías.

A través deste portelo pretendemos mantervos informados das novidades máis relevantes das que afectan á habilitación nacional e facilitarvos a comunicación co Colexio para todo o que precisedes.

Asimesmo, tentaremos mantervos informados das novidades xurídicas que maior trascendencia teñan na esfera local co obxecto de facilitar o desenvolvemento das vosas funcións.

Este instrumento quere ser unha ferramenta interactiva. Queremos que nos fagades chegar as vosas inquietudes para enriquecer o proxecto común que nos une.

Pola nosa banda, tentaremos facelo o mellor e máis dinámico que saibamos. Contamos coa vosa colaboración.

Aproveitade agora para botar unha ollada aos distintos apartados deste portal e facédenos chegar as vosas opinións para beneficio de todos.

Saúdos dos vosos compañeiros da Xunta de Goberno.