Trámites

Se queres darte de alta como colexiado de COSITAL Pontevedra, debes imprimir o formulario que se achega, para unha vez cuberto e asinado, enviárnolo escaneado por mail.

A cota anual a pagar é de 120,20 euros, a pagar trimestralmente en cotas de 30,05 euros. Estas cotas cargaranse na conta que nos indiquedes entre os días 1 e 5 do mes seguinte ao da finalización de cada trimestre natural.

No apartado "Modificación dos teus datos", poderás variar ti mesmo calquera dato do que dispoña este colexio sobre ti ou o teu posto de traballo. Agradecemos que nos axudes a manter actualizados os teus datos de contacto, así como calquera aspecto que poida afectar aos postos de traballo reservados, de xeito que a información poida chegar aos compañeiros.

Así mesmo, se o desexas, poder enviarnos a orde de baixa como colexiado a través do formulario que se achega. Esta orde de baixa non será automática. Só producirá efectos unha vez a teñamos comprobado contigo.