14 e 15 de marzo de 2013

Xornadas sobre a Problemática Actual do Urbanismo en Galicia. A Disciplina Urbanística


Data e lugar de celebración

14 e 15 de marzo de 2013.

Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra, rúa Alexandre Bóveda,s/n, Pontevedra.

Duración

12 horas.

Destinatarios

O curso está dirixido a funcionarios das diferentes Administracións Públicas que asuman funcións no eido da Disciplina Urbanística. Preferentemente, funcionarios da administración local con habilitación de carácter estatal;  empregados públicos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e funcionarios das subescalas técnica e de xestión de administración xeral dos Concellos. Ábrese, así mesmo, ao campo da Xudicatura, Fiscalía, Avogacía e docencia ou investigación universitaria nesta materia. Finalmente, aínda que o seu enfoque é esencialmente xurídico, aos funcionarios con competencias técnicas neste campo (arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros).

ORGANIZA

  • Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local de Pontevedra

COLABORAN

  • Deputación de Pontevedra.
  • Escola Galega de Administración Pública.

MATRÍCULA

Prezo: 20 euros.

Exentos de pago do prezo de matrícula: Colexiados de COSITAL Pontevedra ou empregados públicos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística .